Ola, son Marta, a profesora de Cultura Clásica deste grupo de alumnos de 4º de ESO en Portas. Só levamos unhas semánas coñecendo a cultura clásica e decidimos compartir con todo o mundo o noso proceso, por eso pedinlles, despois de ler a Teogonía de Hesiodo, que elexiran unha persoaxe para acercarnos á mitoloxía. Eles faran a sua aproximación e publicarán as conclusións. Esta é a súa elección:

Alba será Atenea, (boa elección)
Silvia Artemisa, (outra boa)
Eva Afrodita,(A deusa do amor non podía quedar fora)
Cristobal Ulises (ainda que eu insistín moito en que se chame Odiseo, non houbo maneira),
Martín Zeus, (modesto que é o rapaz)
Yasmina se decantou por Europa,(Pero ainda non o ten claro, poderá cambiala)
Rosa quedouse con Xea (a nai terra, pégalle)
Yolanda decidiu toma-la identidade de Laquesis, unha das Moiras. (orixinal que é a rapaza)

Estes serán os seus nicks e con eles asinarán os seus traballos.

So unha cousa máis, todos os acertos serán só merito deles, e os faios, por suposto, cousa miña e acepto toda a responsabilidade do que saia mal deste experimento.

Por certo, eu, xa de elexir, pedinme ser Homero.