Pandora: O seu nome significa “portadora de todos os dons”.

Unha cousa curiosa de Pandora é que si que é mortal, algo raro na mitoloxía grega.

¿Nunca oistes falar da caixa de Pandora? Case seguro que si, pois esto tamen ten que ver coa mitiloxia. Antes de contarvos esta historia, quero dicirvos que Pandora ten moito que ver con Eva a da Biblia, xa que as duas son “castigadas” por caer na tentacion, lede isto que ven a continuación xa veredes como vos dades de conta.

Pois ben, Zeus queria castigar a Prometeo e o seu irman, Epimeteo, por rebelarlle os homes o segredo do lume, enton creou unha muller, a primeira muller, que era Pandora, a que cada un dos deuses lle deron virtudes.

Xa na terra, Epimeteo, namorouse de Pandora, casou con ela e tiberon un fillo Deucalion.

Epimeteo tiña unha anfora que nunca se abría (que logo no renacemento se pasou a chamar caixa). Avisou á sua muller que non a tocara, có que a Pandora empezoulle a entrar curiosidade por saber o que habia dentro dela. Esta curiosidade cada vez medraba máis e máis ata que se decidiu a abrir un pouco a ánfora para ver o que tiña dentro, neste momento comezaron a sair todos os males da terra, a envexa, a ira, as plagas, a tristeza a pobreza… e outros moitos, dentro so quedou unha cousa, ¿Sabedes cal? A esperanza, de ai ven o dito de, sempre quedara a esperanza…
Despois desto a vida na terra comezou a ser cada vez peor polo que Zeus se enfadou e fixo que se queimara a terra, despois pa limpar os restos que quedaban fixo que houbera a “version grega” do diluvio universal os unicos que sobreviviron a esto foron Deucalion e a sua muller Pyrra, os deuses poblaron a terra con unha raza “mellor” e mais acostumada o traballo.

Bueno non sei que vos parece… pero eu quitei unha conclusión que non me gusta nada… ¿non vos dades conta de que estan culpando a muller dos males da terra?, tanto na mitoloxía grega coma na cristiana.

Espero que vos guste e ata a proxima, espero os vosos comentarios.

Afrodita