Ola, son Yolanda: A miña elección foi a de Láquesis, unha das moiras da antiga Grecia, as cales en Roma eran as Parcas. As moiras
eran tres e segundo os gregos eran as encargadas de regulalo destino,
tanto de homes como de deuses. Ninguén podía cambiar ningunha das suas
decisións, nin sequera o poderoso Zeus - do que dicían que era o seu pai- nin a sua nai, Temis (deusa sa Lei) aínda que o máis probable é que foran fillas de Nix, deusa da noite que procreaba ela soa.

Segundo certas lendas, as moiras, estaban presentes dende o nacemento das persoas velando polo seu benestar como unhas fadas da boa sorte, mais esta lenda evolucionou ata como a coñecemos agora que xa non son tan boas (imaxinádesvos unha pequena fada boa o noso lado cando nacemos? Bonito, verdade?). Elas son:

-Cloto: a fiandeira. É a máis xove das tres. Fía o destino das persoas, é o fio que nos une á vida. Aparece representada con unha roca.

-Átropos: é a encargada de cortar o fío da vida. Ten un semblante pálido e mira atenta ó traballo das súas irmás. Aparece con unhas tesoiras douradas que representan o final da vida dunha persoa.

Eu elixín a mediana das irmás, Láquesis, é a encargada de regulala boa e a mala sorte das persoas e os deuses. Aparece con unha balanza na súa man dereita; representa a harmonía dunha vida. Láquesis recolle o fío que lle presta a súa irmá e decide cando ten que rematar.

Penso que no noso interior, todos temos algo de Láquesis, xa que cada un controla a súa propia sorte tal e como a repartía ela. Chamoume moito a atención este personaxe porque todos os meus compañeiros elixían a deuses poderosos, a fermosas deusas e a heroes famosos...¿Por que non podía escoller eu algo diferente?