Ola son Yasmina, unha alumna do colexio de Portas pero tamén me podedes chamar Helena de Troia.
Na mitoloxía grega era a muller mais fermosa de Grecia, filla de Zeus e de Leda, muller de Tindáreo, rei de Esparta. Cando era rapaza foi raptada por Teseo, quen esperou un tempo para casarse con ela pero iso non foi posible xa que a rescataron Cástor e Pólux.
A sua fermosura foi causa da famosa guerra de Troia. Esta guerra de dez anos comezou cando as tres deusas Hera, Afrodita e Atenea lle pediron a Paris que elixira á mais fermosa das tres. Todas fixeron o posible para seren as elixidas pero finalmente Paris outorgoulle a mazá de ouro a Afrodita xa que esta lle prometera que tería o amor dunha muller de insuperable beleza. A muller que Afrodita lle prometera era Helena pero había un problema: ela estaba casada con Menelao, rei de Esparta.
Helena vivía feliz co seu home pero Afrodita fixo unha especie de feitizo que fixo que Helena marchara con Paris para Troia. Despois de que isto sucedera, Menelao foi en busca de Helena coa axuda de capitáns e reis de toda Grecia.
Durante nove anos de conflito sen solución, Helena sentouse a facer un tear no palacio de Troia tecendo un tapiz coa sua historia. Entón Paris e Menelao decidiron facer combate entre os exércitos e Helena foi citada para asistir ao duelo. Cando ela se aproximaba a torre, onde o anciá rei Príamo e os seus capitáns estaban sentados, a sua beleza era inda tan incomparable e sua pena tan grande que ninguén puido sentir por ela máis que compaixón.
Cando os gregos xa crian que a vitoria era de Menelao, Afrodita axudou a Paris a escapar do enfurecido contendente envolvéndoo nunha nube e poñéndoo a salvo na cámara de Helena, onde esta o consoou.
Despois da caída de Troia, Menelao reuniuse coa sua muller e os dous saíron de Troia ata Grecia. Sen embargo, desgustaran os deuses e, por tanto, varias tormentas arrastráronos de unha a outra costa do Mediterráneo, polo que deberon deterse en Chipre, Fenicia y Exipto. Ó chegar a Esparta, Menelao e Helena retomaron seu reinado e viviron unha situación de esplendor o resto dos seus días. Tiveron unha filla á que lle chamaron Hermíone.

Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Ben, por fin....despois de tantos retrasos aquí temos a Helena...reencarnada en Yasmina, a verdade é que a espera mereceu a pena, ben Yasmina boa recreación dun dos personaxes mais curiosos da guerra de Troia. Só boto en falta a famosisima mazá da discordia (mazá coma Eva, e coma sempre a discordia entre mulleres).
Olaaaaaaaaaaaaaaaa!!!
Moi ben! Gustoume!! si, si, si gustoume moito!! estou pensando eu, a Helena esa deberia ser ben fermosa... para desatar unha guerra. Un claro exemplo do posesivos que eran os homes daquela época...
Ala Yasmina, noraboa e que sigas asi!!
bicos!!
Tan fermosa como que Troya tardóu 10 anos en caer e ela seguía a ser fermosa e aínda voltoú a Esparta có seu home e seguía a ser fermosa...quizais por ser filla dun cisne,vai ti a saber ;-) (en esta volta Zeus transmutóuse en cisne para o ligue).
Moi boa historia ,Yasmina,ainda que eu tamén boto de menos a mazá ,non creas,que e un momento estupendo (mira que hay mazás nas lendas e nos contos!)
Gustoume moito yasmina, e unha historia e unha personaxe preciosa. Boa elecion por elena de troia... moi ben
ola. queriamos saber si mañan hai escola, si algunha profe ve esto que conteste porfavor!
grazas
Sí, vémonos mañan,vale?
Veña,un abrazo
moiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii bennnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnn!!!!!!!!!!!!!!! ADIANTE YASMINA VEÑA QUE TI PODES SEGUE ASI COMO UNHA VALA DISPARADA DUN RIFLE OLA A TODOS EI K TAL
ola helenaaaa!!!!
way!por fin che tocou!!!bueno.. xa sabes que a min encantame axudarche, asi que se nacesitas algo...
non sei que mais decirche...
O de sempre...Moi bo traballo!!Magoa que ti non sexas tan fermosa como Helena...jajaja(é bromiña...ti ben o sabes, amiguiña..)
Ala!!! Bicos
Hola!!!
Enoraboa moi bo traballo, e polo que vexo moitos fans. Gusstoume moito.
Bicos