Critica á pelicula "Hercules" de Disney

Fai uns días estivemos a ver a pelicula de Disney "Hercules" os autores (case todos, obviamente Hypatia non) tiveron que facer unha critica da pelicula e buscar os posibles gazapos. Este es el resultado...salvo o de Zeus que tivo o detalle de facer un resumo do artigo da Wikipedia, e eu creo que é mellor que accedades directamente á fonte pinchando aquí.
Atenea
A “peli” está moi ben, a min gustoume moito; recoméndovola a todos! Ao mellor é un pouco infantil pero, ten un gran contido mitolóxico. Vouvos contar as cousas que sonverdade e mentira da película un pouco por encima, vale?
As musas son as deusas das artes, a música e mentoras de heroes como Hércules, así se presentan na película nada máis comezar. Para entreter aos espectadores, as musas adoptan un papel dunha especie de “coro americano”.
Hera, ainda que aparece como nai exemplar e inofensiva na mitoloxia faille a vida imposible ao heroe, xa que era fruto dunha das moitas aventuras que tiña Zeus pola terra.
Hércules era semideus porque era fillo dun deus cunha mortal non pola pócima que lle dan os esbirros de Hades; todo hai que dicilo, moi paveros por certo!

Filoptetes é o sátiro encargado de entrenalo. Eran moi “amorosos” por decilo dalgunha forma e iso represéntase cando aparece espiando as ninfas do río e o final dándose un morreo con Afrodita, outra “amorosa máis” jeje.
Megara foi a muller de Hercules, pero na mitoloxia, por culpa dun ataque de loucura causado por Hera mataa
Os titáns, fillos de Xea aparecen representados como fenómenos naturais.
Hai varias cousas na peli que teñen a súa explicación mitoloxica. Por exemplo:
-A Venus do Milo aparece enteira e logo rota por culpa dunha pedrada de Heracles, que é como a temos agora, o que non é verdade
-Hércules aparece posando cunha pel de leon para que o pintasen, pois ben, iso débese a un enfrontamen que tivo o semideus con un león o que logo lle arrincou a pelucas súas propias.
Houbo unha frase que me fixo moita gracia: “Fabulosa fiesta, nunca había visto tanto amor desde el día en que Narciso se descubrió a si mismo”. Jajaja, dio polo mozo este que se cria máis fermoso que Apolo, lembrades? Moi boa, si señor!!
Bo… creo que xa me estendín demasiado… Pero hai tanto que decir desta película…
Os deuses aparecen ao principio e ao final, todos, loitando e na festa do nacemento de Hércules. Atenea, a miña deusa, jeje, nada máis empezar como divinidade sempre lista para a guerra, salva a todos esquivando un raio. En todo momento aparece acompañada da súa famosa “lechuza”.
Como non, tamén hai referencias da Odisea como a morte do titán que solo ten un ollo o que Hércules matao clavandolle un pao con lume. Ese titán simboliza a Polifemo.
Sobre o can Cerbero, o río do inframundo e as moiras creo que sobre este tema ten dereito exclusivo, Láquesis. Todo teu compañeira!
XEA
Na película que vimos sobre Hércules, Hai cousas que non corresponden coa mitoloxia sobre este persoaxe mitolóxico.
Unha das cusas que pasa na película é que Hércules xa nace como un Deus cousa que é falso porque para convertirse en Deus, primeiro tivo que facer os doce traballos. Outro e que se quixo suicidar por unha gran dor que lle produciu unha túnica ensangrentada pola sangue de Xole pensando que Hércules estaba enamorado dela. Por esta dor arroxouse a unha pira funeraria. Despóis da morte os deuses leváronno ao Olimpo e casáromo con Hebe, a deusa da xuventude.

Artemisa
Hades odiaba o seu traballo entonces planeaba como quitarlle o posto a Zeus.
El consulta ás Moiras para ver como sairá o seu intrepido plan. As moiras
comunicánbanlle que Hércules ( o fillo de Zeus e Hera) será unha ameaza para os seus plans.
Hades envia os seus secuaces para que convirtan en humano a Hércules e o maten. Este plan saliulles mal, porque apareceron dous humanos e tiveronse que esconder, estes serán os pais adoptivos de Hercules.
Como non acabou de beber toda pócima non se convirteu en inmortal, pero esta dotado dunha forza paranormal.
Hércules trata de descubrir a orixe da sua forza, os seus pais adoptivos contanlle que poseia un medallón dos deuses.
El vai o templo de Zeus e este contalle que é o seu fillo, pero tamén lle que debe converterse nun heroe para volver o monte Olimpo, Zeus entregalle a Pegaso o seu cabalo alado e lle di que busque a Filoctetes.
O soño de Filoctetes era entrenar o maior dos heroes, pero todos os seus anteriores foron un fracasaron, pero aceptou a proposta deste.
EL viaxa a Tebas para encontrar misións que cumplir, ali atopa a Megara molesta por unha odiosa criatura, e Hércules axudalle. Megara traballa para Hades é quen se da conta de que Hércules está vivo.
Filoctetes dase conta do plan de Hades e informalle de que Megara o esta usando.Hércules faise moi famoso pero Zeus non considera que estea preparado para entranar no olimpo si non que ten que facer mais cousas.
Sen querer Megara namorase de Hércules, e a inversa.

Hades usa como carnada a Megara para que Hércules abandone os seus plans durante 24 horas, tempo suficiente para facerse dono da terra.
Libera os Seus titans para que se enfronten a todos os deuses. Megara salva a vida a Hércules, pero pon a sua en perigo.
O final Hercules gañou a batalla, destrueu a Hades e quedou na terra coa sua amada Megara.
A Megara a inventou Disney nesta história, pero có guapo que é Hercules seguro que tiña a moitas detrás del, jeje
A película epreciosa, e as cancions mercen un bo premio.


Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Marta _Homero dijo
Ben, eu xa teño a miña opinión formada, e as notas postas, agora vos toca a vos formarvos unha sobre o que vos parece mellor ou ben cal delas vos gosta máis.
19 Noviembre 2007 | 09:52 PM