Critica á pelicula "Hercules" de Disney II
Seguimos coas criticas a "Hercules", nesta remesa, para facelo un pouco máis ameno cortei a parte que conta o mito real de Hercules dalgunhas das criticas...o comento porque os seus autores poden botar de menos algunha parte da critica...so falta o mito real.
Seguimos....
Ulises
En comparación coa película, o mito parecese bastante, as cualidades de Hercules son as mesmas e non se inventaron grandes detalles sobre a sua vida, salvo a sua amante na película, a que rescata das mans de Hades, Deus dos infernos. O final da película tampouco se parece porque a mitoloxia di que se converte en deus e el, na película renega a converterse en deus por casar coa sua amada.
Afrodita
Hercules e unha película de Disney que a verdade e moi entretida pero tamén ten boa parte de mitoloxia xa que nela aparecen Zeus, Afrodita, Hera, Hades …

Conta a historia de Hercules dende que naceu ata que se fixo grande.
Primeiro Hercules nace e raptado por uns axudantes de Hades, Deus dos
mortos, estes danlle unha pocima que fai que o faria mortal pero
Hercules non a bebe enteira polo que non se fai mortal de todo senon
que lle queda unha parte de inmortal, isto e mentira, quero dicir que
so sae na pelicula porque en realidade Hercules era medio mortal e
medio inmortal porque o seu pai era un Deus, Zeus, e sua nai unha
mortal.
O que si pasa na pelicula e é realidade e que Hercules tiña
moita moita forza xa que venceu a moitos animais, na pelicula vencia
“monstruos” para salvar a sua amada Megan.
Helena
A película de Hércules está dirixida por Disney. Nela nárrase a historia dun heroe coñecido pola súa incrible forza.
Na película non se conta todo como realmente pasou xa que moitas das cousas que suceden na película en realidade non pasaron así.
A película comeza contando o nacemento de Hércules e dicindo que era fillo de Zeus e de Hera (na realidade era fillo de Zeus e de Alcmena, é dicir,metade deus metade mortal) Pouco despois de nacer, dous axudantes de Hades secuestrárono e déronlle a beber unha pócima para que se fixese mortal pero resulta que lle quedou unha gota sen beber e inda lle quedaban uns poucos poderes (na mitoloxía grega,eses dous axudantes non existían. A que en verdade quería acabar coa vida de Hércules era Hera que mandou dúas serpentes para que o matasen pero non serviu de nada porque este estranguounas)
Cando xa era un mozo no seu pobo ninguén quería trato con el porque todo o que tocaba o rompía (á causa dos seus poderes) os seus supostos pais cóntanlle que o seu verdadeiro pai é Zeus e vai na súa busca para falar con el. Cando se reencontra co seu pai despois de tanto tempo falan de que para entrar no Olimpo ten que merecelo e facer ver a súa valentía.
Sae dalí convencido de que o vai conseguir e un pouco despois atópase namorado de Megara, e para sorprendela rescata a dous rapaces atrapados nunha cova e enfróntase a un monstro que cada vez que se lle cortaba unha cabeza saíanlle máis no lugar desa. Megara comeza axudando a Hades pero ó final acaba namorada de Hércules e plántalle cara a Hades, pero este ameázaa con matalo se non segue as súas ordes. Hades enfadado quere matar a Megara así que deixa nas mans das moiras a decisión de se vive ou morre. As moiras cortan o fío que di que a súa vida xa rematou pero Hércules vai a rescatala e sálvaa. Hércules vai a xunto de Zeus e de Hera e estes dinlle que xa está preparado para entrar no Olimpo pero decide marchar con Megara, facéndose así mortal e perdendo es seus poderes.

Isto do rescate non pasou en realidade e só é unha maneira para facer a película máis interesante e emocionante. Na realidade cando Hércules era mozo matou a un león coas súas propias mans e casou con Megara coa que tivo tres fillos. Inda así Hera estaba moi enfadada e fixo que Hércules se volvera tolo ata o punto no que matou ós seus fillos e á súa muller. Despois do que fixo quíxose suicidar pero o oráculo de Delfos díxolle que se se convertía en servente do seu primo Euristeo, rei de Micenas, purgaría o seu delito. Este impúxolle o desafío de afrontar doce probas moi difíciles: Os doce traballos de Hércules.
Láquesis
Hércules , como película de Disney, sepárase bastante da ``real´´ historia deste heroe. Pero recolle pequenos fragmentos, que aínda que os utiliza dándolles un novo sentido; son verdadeiros.
En realidade, non era Hades o que intentaba matalo, senón Hera. A deusa, celosa polo infidelidade de Zeus con Alcmena, tentou acabar coa vida de Hércules ou Heracles; en diversas ocasións. A primeira foi pouco despois de que nacera, Hera envioulle dúas serpentes. Sendo tan pequeno , logrou estrangulalas e salvarse da morte.
Serpentes… Sóavos, verdade? Foi a forma que adquiriran os axudantes de Hades para que non os descubriran na película.
Cando era xoven, Heracles, matou un león coas súas propias mans. Como trofeo desta aventura, puxo a pel da súa vítima como capa e a súa cabezo como helmo. Cando o representaban a maioría das veces aparecía con esta indumentaria.
Esperade, esperade!! Creo que me estou acordando doutro en lace coa película! Mm… Si, xa sei! Non o estaban debuxando nunha vasilla dese xeito?
Tampouco afrontaba todos ese retos para conseguir a divindade, podendo así vivir no Olimpo. A razón era moi diferente. El desexaba o perdón por asasinar a Megara(a súa esposa) e ós seus tres fillos, debido a un golpe de loucura que lle induciu Hera. Para limpar o seu delito, fíxose o servente do seu primo Euristeo, que lle encomendará doce probas.
Unha delas era matar a Hidra. Un monstro de nove cabezas. Unha delas era inmortal e cando lle cortaban algunha das outras, multiplicábanse.
Isto tamén me soa… Non tivera que matar a un monstro parecido para poder rescatar a uns ``nenos atrapados´´?
O último traballo deste heroe foi capturar o CanCerbero, no inferno, protexido por Hades. Uf! Inferno… Coller algo… Creo que acabo de ter un dejavu!! Si! Xa o teño claro! Hércules ía ao inferno a coller a alma de ,algo moi diferente.
Mais ou menos, estas foron as diferenzas que mais me gustaron ou me chamaron a atención.
Adeus!! E espero non esquecerme de nada importante!!

Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

ulises dijo
boas criticas en xeral, gustaronme as imaxes son curiosas
20 Noviembre 2007 | 04:57 PM