O meu relato comeza no século VII a.C. en Miletoque era un cruce de camiños entre Grecia, Babilonia e Exipto.
Aquí nesta época vivíu Tales (sí, o “amigo” do teorema) e viaxóu ós tres lugares.
Foi (que se saiba) o primeiro que se preguntóu de xeito racional de dónde xurdía o Universo,qué era o que formaba a Terra ou como podía ser posible a vida e qué elementos se precisaban. Por iso se lle considera o primeiro filósofo da historia (“filo” = amigo; “sofia” = sabiduría) e o primeiro dos “7 sabios de Grecia”. Traballóu e indagóu en Matemáticas,Física e Astronomía.
Entre os seus méritos,ademáis do célebre teorema,cóntase que foi quen de predecir eclipses. Ademáis,mentres o resto dos gregos andaban a xustificar o Universo imaxinando relacións entre deuses,heroes,etc (preciosas,pero nada científicas), Tales fixo un intento de describir a Natureza baseándose na auga como elemento dador da vida.

Unha anécdota do noso amigo :
cando viaxóu a Exipto os sacerdotes lle dixeron que non tiñan xeito de coñecer a altura da Gran Pirámide de Keops,entón Tales tumbóuse no chan e deixou a súa marca na area.Esperóu pacientemente ata que a súa sombra a cubríu totalmente e entón foi a medir a sombra da pirámide,chegando ó resultado correcto.
Dividíu o ano en 365 días e foi o primeiro en descubrir a Osa Menor e a súa importancia para a navegación,instruindo en ilo aos mariños da súa cidade. Tamén foi o primeiro en soster que a luz da Lúa era reflexo do Sol.
Din que era o típico sabio distraído ,de feito parece ser que unha vez caeu nun pozo (pequeño,que non cunda o pánico!) por ires mirando as estrelas todo entretido.

Discípulo e amigo seu foi outro home de Mileto chamado Anaximandro. Non vou a pasar lista na cidade de Mileto,serenidade ;-),pero este home é o primeiro do que se coñece que fixo un “experimento”:colocando un pau na terra e examinando hora tras hora a variación da súa sombra....exactamente,inventóu o reloxo de sol. E non quedóu ahí,seguíu investigando no tema e fixándose nas variacións do reloxo día tras día foi quén de determinar a duración do ano e das estacións.E hai outra cousa mais na que Anaximandro foi o primeiro:en dibuxar un mapa xeográfico.
Imaxinádevos en aqueles tempos o que podía significar saires a navegar,sin compás nin nada que se lle parecera,o mais que facían os mariños era encomendarse ós deuses e que non houbera temporal.
Total,que entre o que lles ensinóu Tales da Osa e os mapas de Anaximandro,saír a navegar dende Mileto empezaba a ser un pouco mais levadeiro,non vos parece?

Hypatia de Alejandría