Esta deusa era filla de Rea e Crono, casouse co seu irmán, Zeus.
É o símbolo do matrimonio e protectora das mulleres casadas, xa que ela sufreu moito coas infedilidades do seu esposo.
Os poetas descríbena como celosa, vingativa e violenta pois, hai moitos relatos nos que se contan as fazañas de Hera para vingarse dos enganos de Zeus. Unha muller tremendamente caprichosa.
A pesar de todos as disputas e guerras que tuvo con Zeus, aparece sempre sentada preto del, como raiña do ceo, o Olimpo.
Na mitoloxía romana, foi asociada a Xuno e mantén as mesmas características que na mitoloxía grega.
A súa cidade favorita e Argos, cerca da cal estaba un dos seus templos máis famosos.
Agora vouvos contar un dos episodios de ira desta diviana que reflexa o seu carácter.
Paris, príncipe de Troia, organizou un concurso para elixir a deusa máis fermosa do Olimpo. Á competición presentouse Afrodita, Atenea ( a miña deusa favorita, e polo tanto, a mellor! Jeje) e Hera. Cada unha delas quixo facerlle a Paris agasallos para que as elixira de entre todas e él, decantouse polo agasallo de Afrodita, que era ter a muller máis fermosa do mundo. Hera encolerizouse de tal modo que fíxolle perder a guerra de Troia.
Pero que mal carácter tiña esta deusa… non me gustaría atopala na cola do super…
Outro relato que amosa o seu mal xenio e a historia de Eco:
Eco, era unha ninfa que, por orden de Zeus tiña que falarlle moito a Hera para distraela e así el liarse con algunha femia, humana, deusa, de especia animal… A Zeus íalle todo!
Cando Hera se enterou do engano, castigou a Eco a pronunciar so as palabras dos demáis, de ai ben a nosa palabra moderna “eco”. Curioso verdade??
Hera a Zeus tamén lla quixo xogar unha vez; aliouse con Poseidón, Apolo e Atenea para destronar a Zeus e, convertirse eles en donos do Olimpo. O engano consistía en encadear a Zeus mentres durmía e afastar de xunto del o seu raio, pero debido a mala organización dos duses, mentres discutían, o centímano Briareo, liberou a Zeus, e logo castigou aos do complot.
A Hera, castigouna de maneira exemplar encadeouna polos brazos no medio do ceo e, dos pes púxolle dous pesos colgando. Os berros adoecidos de Hera conmoveron a Zeus e perdoouna.
Si no fondo estes dous morrían un polo outro!...
Hera non é unha das miñas deusas predilectas pero… espero que vos gustara!

Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Alba, moi ben, Hera a máis poderosa das deusas e tal vez a máis venerada na época clásica, especialmente en Grecia. A sua continuadora romana Xuno non tivo tanto exito, ainda que lle quedou para ela un mes enteiro.
Gustoume moito, noraboa.
Qué bonito e qué ben contado!
Por certo, Atenea,tampouco é a miña deusa predilecta,pero dende fai tempo en certo modo comprendo ese xenio e eses malos humores. Imaxina estares casada con semellante pendón!
E os rumores que che chegan "oes,que vin ó teu home correndo disfrazado tras unha moza..." un día e outro,e outro ¡e non había divorcio!;-)
ben coma sempre alba. A verdade e que os teus enfados son parecidos os de hera jeje. Pois ben o que conta e o traballo que esta ben feito e perfectamente leible coma sempre.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLOS COMENTARIOS!! ENCANTAME QUE ME LEADES O QUE FAGO, AINDA QUE SEMPRE SEXADES OS MESMOS E CERTOS PERSONAXES MITOLOXICOS NUNCA SE ME ASOMEN POR AQUÍ.. PERO EN FIN...
Si Hypatia, esta deusa causame lástima, vivía en alerta constante, supoño que ese é o alto prezo que hai que pagar por estar casada co xefe do Olimpo... ;-)