Ola!
Estou aquí de novo para presentarvos a Teseo. Na mitoloxía grega, era o maior heroe ateniense, fillo de Exeo (rei de Atenas) ou de Poseidón, deus do mar, e de Etra, (filla de Piteo, rei de
Trecén).Ós 16 anos, Teseo, que se educara en Trecén, foi a Atenas a reclamar a Exeo como seu pai. O xoven decidiu facer a viaxe por terra, despexar o camiño de bandidos e monstros e inflixir o mesmo tipo de morte que eles lle deran ás súas víctimas. Entre os villanos ós que matou estaban Escirón, Sinis e Procrustes.

Teseo chegou a Atenas cunha espada e un par de sandalias que Exeo lle deixara ó seu fillo en Trecén. Medea, a muller de Exeo, intentou envelenalo, pero en canto Exeo recoñeceu as prendas
familiares, proclamou a Teseo seu fillo e herdeiro e desterrou a Medea. As súas primeiras aventuras contan o encontro co Minotauro, un monstro metade home, metade touro, que estaba encerrado nun labirinto do palacio de Minos, rei de Creta. Coa axuda de Ariadna (filla de Minos) matou ó minotauro e escapou do labirinto. Á súa volta a Atenas, sen embargo, olvidou izar unha vela branca que representaba a súa victoria sobre o minotauro.

Exeo,ó ver unha vela negra creu ó seu fillo morto e tirouse dende unha altura rochosa ó mar, que desde entón recibiu o nome de mar Exeo.

Como rei de Atenas , Teseo foi sabio e xeneroso, pero mantivo o seu gusto polo perigo e aventura. Raptou á amazona Hipólita, quen lle deu un fillo, que recibiu o nome de Hipólito. Tomou parte na caza do xabaril de Calidón e na busca dos Argonautas do vellocino de ouro. Foi un gran amigo de Piritoo (rei dos lapitas) a quen acompañou ós infernos para rescatar á deusa Perséfone.O deus Hades fixo prisioneiros a homes pola súa irreflexiva acción, pero Hércules conseguiu rescatar a Teseo.

De volta en Atenas, atopou o seu reino sumido no caos, axitado por rebelións e pola corrupción. Incapaz de restablecer a autoridade, enviou ós seus fillos fóra e zarpou ata a illa de Esciros, onde Licomedes (rei da illa) o matou tirándoo ó mar desde un acantilado. O oráculo de Delfos encargou ós atenienses que recolleran os ósos de Teseo e os devolveran a Atenas. Así o fixeron e rendéronlle grandes honores construíndolle unha tumba ó pobre e desamparado.

O mito de Ariadna

Ariadna era a filla do rei Minos e Pasifae de Creta. O seu pai tiña nun labirinto ó minotauro, ao que había que alimentar con xente
ateniense cada nove anos.

A terceira vez que os atenienses debían pagar o seu tributo, Teseo, (fillo de Exeo o rei de Atenas), ofrecese a ir e matar ó minotauro. O problema era que o minotauro vivía nun labirinto do que non se podía escapar.

A filla de Minos, Ariadna viu a Teseo e namorouse del, polo que decidiu axudalo coa condición de que se casara con ela e que a levara lonxe do seu temible pai.

Teseo aceptou, e así foi como Ariadna lle regalou un nobelo para que unha vez no labirinto, fora desenrolándoo e puidera servirlle de guía ao regreso e indicarlle o camiño de regreso.

Cando Minos soubo que Teseo matara ao minotauro montou en cólera polo que Teseo tivo que apresurarse na fuxida na que o acompañou Ariadna. Pero ela nunca chegou a ver a terra de Teseo, Atenas, pois nunha escala que el fixo na illa de Naxos, abandonouna durmida na beira do mar.

As versións desta traizón varían moito e fixéronse innumerables hipóteses. Díxose que Teseo deixou a Ariadna na praia porque estaba namorado doutra muller, tamén que foi por orden dos deuses, ou senón quementres ela se encontraba na praia recuperándose dun mareo, el regresou ó barco, e este zarpou impulsado por un misterioso vento.

Pero, Ariadna olvidou as súas penas de amor co deus Dionisio, quen se namorara profundamente dela. Casou con ela e levouna ó Olimpo. Como regalo de vodas doulle unha diadema de ouro que fixo Hefesto e que logo se converteu en constelación.

Os seus fillos con Dionisio foron Toante, Estásfilo, Enopión e Pepareto.

Á súa morte é obxecto de varias versións pois hai quenes din que Artemisa a matou cumprindo ordes de Dionisio. Pero tamén hai quenes opinan que ela morreu na illa de Naxos, onde Teseo a abandonara cando ela deu a luz.

Helena