Perseo

Da unión de Zeus e
Danae naceu Perseo, un heroe grego. Esta unión foi moi comentada debido a
bonita historia que conta (o da chuvia dourada).
O rei Acrisio, pai de Danae, unha vez que consultou un Oráculo (que era unha especie de profeta ou adiviño da antiga Grecia) díxolle que morrería a mans do seu propio neto. O rei, atormentado, decidiu tirar a súa filla xunto co seu neto ao mar, metidos dentro dun cofre. Tras vagar polos fondos mariños, a corrente, finalmente, transportounos a illa de Séfiros e alí foron rescatados. O rei de Séfiros, co paso do tempo foise enamorando de Danae, pero este tiña un gran problema: Perseo, que defendía con recelo a súa naiciña. Temendo que Perseo se lle metera no medio e interrumpira os seus plans amorosos coa nai; encomendoulle unha misión: O encargo consistía en matar a medusa Gorgona e traerlle a cabeza, cría que non
o conseguiría e que xamais volvería da viaxe.
A medusa Gorgona era unha das fillas de Forcis, deus do mar, e Ceto a súa esposa. Eran monstruos horrendos e temidos pola xente, vivían nas profundidades dos océanos, moi afastadas das costas. Das irmás gorgonas dise que tiñan unha cara redonda, levaban a língua sempre fora, en vez de cabelos normais tiñan pequenas serpes que se movían de forma arrepiante. Coa súa mirada convertían a xente ou calquera outra cousa que mirasen en pedra. A estas si que se lle podía decir que mataban coa mirada…jeje
Zeus, como deus que era, viao todo; sabía que o seu fillo estaba en inferiores condicións fronte a gorgona así que, encomendoulle a Atenea e Hermes que o axudasen.
Atenea, regaloulle un escudo moi brillante e Hermes, unha espada para cortarlle a cabeza.
Perseo xa estaba listo para loitar contra Medusa pero, donde vivían? Non o sabía así que foi a xunto as grallas para que llo dixesen. Estas tres vellas non llo quixeron decir, el, para facerlle chantaxe, quitoulle o único dente e o llo que tiñan e que compartían entre as tres. As grallas enfurecidas accederon e dixeronlle donde moraban as irmás gorgonas.
Durante o seu largo camiñar topouse coas ninfas de auga dulce, estas fixeronse amigas del e regaláronlle un zurrón máxico, unhas sandalias aladas e o casco de Hades (que facía invisible a todo aquel que o puxera).
Perseo, colouse na casa das gorgonas coa axuda do casco de Hades sin que o visen. Logo, atacou a Medusa sin mirala coa axuda do agasallo de Atenea e cortoulle a cabeza coa espada de Hermes. A sangre da medusa correu polo chan e deu lugar a Pegaso, uncabalo moi especial que tiña alas.
Despos de matala Medusa, as serpes que tiña como cabelo desapareceron e convertéronse en pelo normal.
Ao seu regreso topouse co xigante Atlas, este non era nada hospitalario e Perseo, fixo mirar a cabeza da medusa e converteuno en pedra; de aí os xigantescos montes Atlas. A que isto non o sabíades?? ;-)
O máis difícil xa
estaba feito, contento pola súa fazaña, retorna a casa.
Polo camiño atópase con Andrómeda (a filla de Casiopea, da que xa vos falei no outro traballo). Salvaa do monstro a que a entregaran, mata os seus aspirantes ca mirada da Gorgona morta e casase con Andrómeda.
Ao chegar a Séfiros, atópase coa nai asustada polo rei e descobre todo o que armara as súas costas. Enfadado polas burlas que recibeu ao decir que matara a Medusa, quita a cabeza e petríficaos a todos.
Agradecido pola axuda de Atenea, regalalle a esta a cabeza da Gorgona. A que máis tarde a deusa incrusta como adorno no seu escudo.
A Hermes, devolveulle o prestamo agradecido.
Despois dun tempo, decide regresar a Argos, a súa verdadeira patria. Ao chegar alí, Acrisio, teme a profecía e marcha distraerse a uns xogos funerarios. Alí e cruelmente matado polo seu neto, Perseo, sen querer, lanzou un disco moi forte e este impactou contra o rei.
Perseo e Andrómeda tiveron seis fillos e viviron moi ben por sempre. Unha neta deste matrimonio sería a nai de Heracles.
Ao morrer, Perseo, foi convertido en constelación como símbolo de inmortalidade das súas fazañas; xunto con os seus sogros, Casiopea e Cefeo, e xunto coa súa adorada muller, Andrómeda.
Que? Bonita historia eh! Non me digades que non oh… É como un conto ao máis puro estilo Disney. Fágome responsable de que encontredes a historia contada doutro xeito porque hai distintas versións. Pero todas contan o mesmo así que, non hai problema.
ATENEA

Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Homero dijo
Ah¡¡¡ Os heroes...non sei que ten pero dende sempre encantaronme. ¡¡Que bonito¿
Alba, impecable, se naceras fai 2800 anos penso que serías unha estupenda Aeda, contas a mitoloxía coma se a viviras...a mellor maneira posible de contala. Nunca decepcionas. Noraboa.
14 Diciembre 2007 | 09:09 PM