Boas!! Esta vez,Homero, pediume que escribise sobre Dionisio; como eu son tan festeira e me vai tanto a marcha…jaja

Dionisio é un dos poucos deuses que vin que tivera tantos``encargos´´; pois na mitoloxía grega era o deus da sensualidade, do viño, da éxtase, da vide, da hedra, do delirio do entusiasmo, da danza, da loucura, da traxedia e das festas.

Era fillo de Zeus e Sémele ( princesa tebana) pero foi criado polo deforme Sileno (que era o maior dos Sátiros. Soia acompañar a Dionisio nas súas viaxes e estaba frecuentemente borracho) Zeus tivo a Dionisio cosido ó súa perna os tres últimos meses de xestación; pois Sémele, enganada pola celosa e astuta Hera, lle pedira a Zeus que se lle mostrase en toda a súa divindade. Zeus cumprindo a súa promesa de concederlle todos os seus desexos, fíxoo, cando a xoven princesa se acercou a el; un dos raios de luz que desprendía, fulminouna. O único que Zeus puido facer foi rescatar ó seu fillo das cinzas e ocultalo. Por esta razón foi coñecido como ``o nacido dúas veces´´.

Cando Hera descubriu o engano, mandou ós Titáns que o descortizaran e o ferveran nunha caldeira. Mais a súa avoa, Rea, uniu os restos e devolveuno a vida.

Para protexer ó seu fillo, Zeus, agochou a Dionisio na corte do rei Atamante disfrazado de muller. Pero non conseguiron enganar a Hera que volveu tolo a Atamante.

Hai lendas que din que tras, Zeus, acabar con tódolos seus recursos, decidiu convertelo en cabra e deixalo ó coidado das ninfas; pero hai outra que é a que mais me gusta, que é a que di que o fin puido estar co seu pai no Olimpo.

Dionisio era un deus bo e amable cos que o honraban, pero levaba a loucura e a destrución a quen desprezaban os seus rituais orgásticos do seu culto ou a el.

Era un deus agradecido, en certa ocasión concedeulle a Midas, rei de Frixia; o poder de converter todo o que tocase en ouro, en recompensa pola hospitalidade dada a Sileno.

De acordo coa tradición, Dionisio morría cada inverno e renacía cada primavera.

Despois do século Va. C. foi coñecido como Baco para os gregos (ó igual que para os romanos) facendo referencia ós fortes berros cos que adoraban ó deus nas bacanais e frenéticas celebracións na súa honra.

A lenda de Dionisio e os piratas

Dionisio, no seu percorrido por Asia Menor e Grecia, chegou de novo a Argos e quixo acercarse a illa de Naxos. Para iso contratou a uns piratas tirrenos. Os piratas finxiron aceptar o trato, pero en lugar de conducilo a Naxos, puxeron rumbo e Asia para vendelo como escravo. Dionisio deuse conta e coa axuda do seu poder transformou os remos en serpes, encheu o barco de hedras e fixo soar unhas frautas invisibles. Finalmente paralizou o navío entre enramados de parra.

Os piratas enlouquecidos e asustados, saltaron ó mar e unha vez alí convertéronse en delfíns, cuxas almas seguían sendo
piratas, pero arrepentidos. A lenda di que por ese motivo os delfíns acompañan e salvan ós náufragos, porque son aqueles piratas intentando pagar ás súas
faltas.

Despois de isto o poder de Dionisio foi coñecido en todas partes e tras acabar o seu cometido na terra, subía ó Olimpo para estar ó lado de Zeus. Xa convertido en deus olímpico, baixou aos infernos e rescatou a súa nai.

Láquesis