Esta é unha historia de amor, dunha muller que
provocou a maior guerra xamais contada entorno o século 12 aC. e que
rivalizou a dúas
civilizacións (Troia e Atenas)

Toda isto comezou cando se celebrou a voda de Tetis e Peleo. Todos os deuses estaban
invitados excepto a deusa da Discordia que se enfureceu e lanzou unha mazá de
ouro coa insignia ``á mais fermosa´´.


Rapidamente Hera, Afrodita e Atenea abalanzáronse sobre ela. Como non se
decidían, pedíronlle axuda a Zeus, o cal se abstivo de dar a súa opinión polo que a responsabilidade cae sobre Paris (príncipe Troiano que tamén asistía a festividade). As tres intentaron persuadilo para que as escolleran; Hera ofreceulle riquezas, Atenea sabedoría e poder, mentres que Afrodita a muller mais fermosa da terra. Tras moito meditalo Paris escolleu a Afrodita.

Paris foi invitado ä casa de Menelao para facer uns tratados comerciais. Menelao tivo que marchar e Helena, a súa esposa quedou soa con Paris.

Agora tócame continuar a min, Afrodita, como gañadora cumprín coa miña promesa e
concedinlle a Paris a muller mais fermosa. Por desgraza el escolleu a Helena(cuñada do rei de Grecia)

Helena e Paris namoráronse. Helena marchou con Paris para Troia, onde o rei Príamo
pediulle o seu fillo que devolvese a Helena pero o seu amor era mais forte e tivo que resignarse (é que cando eu estou polo medio...Non hai quen me gañe!)

Vou tomar eu o relevo xa que eu son a protagonista principal desta historia, de aí o meu nome, Helena de Troia.

Cando o meu marido regresou a casa e descobre que eu marchara con Paris, reuniu a todos os reis das polis e partiron cara Troia na miña busca; creo que el pensou que
me secuestraran, pero non foi así, eu amaba a Paris.

Pola súa
banda viñan Aquiles e Ulises, os mellores guerreiros. Acudiron a un Oráculo
para coñecer o seu destino e saber porque o vento non sopraba con forza. Este advertiulles que Artemisa pedía como sacrificio a filla de Agamenón; en parte
porque anos atrás Agamenón matara a un dos cervos da súa propiedade. Nun principio negouse pero creu que iso sería o mellor para as súa tropas. Tralo o sacrificio, o corpo sen vida da miña sobriña converteuse en cervo e comezou a soprar unha brisa, a deusa estaba contenta.

Tres días despois, chegaron a Troia. Durante os primeiros anos, sucedéronse diversas
batallas, nunha delas Aquiles apoderouse da filla dun sacerdote, Briseida, fíxoa a súa escrava. E como non Afrodita,apareceu polo medio; facendo que Agamenón se namorase da súa beleza. Polo que Aquiles e el se enfrontasen, facendo que Aquiles non queira loitar. Mais, cambia de idea cando Hector,
príncipe troiano mata a Patroclo ( o seu mellor amigo)

Os dous bandos sabían que esta guerra non ía acabar no campo de batalla e propuxeron
que o mellor guerreiro troiano (Hector) e o mellor aqueo (Aquiles) loitasen nun cara a cara.

Aquiles mata a Hector, despois átao ó seu carro e arrástrao dándolle voltas arredor de
Troia. O meu querido Paris, algo covarde, disparoulle a Aquiles no talón e matouno. Quen gañou agora?

Un tempo despois; os gregos rendéronse e regaláronos un enorme cabalo de madeira.
Gañamos!!!Pillamos a borracheira da nosa vida coa alegría que tiñamos pola vitoria. O que non sospeitabamos era que a celebración ía durar pouco, os aqueos en plan ``falso´´, apareceron de dentro do cabalo e mataron a todos os soldados, colléronme a min e queimaron Troia; o meu fogar durante 10 anos e a cidade que foi testemuña da miña historia de amor con Paris, nunca poderei
esquecer todo iso. Aínda que volvín co meu marido e tentei ser feliz, polos meus fillos, nunca deixei de pensar en Paris, nunca deixei de soñar con eses momentos de felicidade e nunca poderei agradecerlle todo ó que se merece a Afrodita, pola cal coñecín o meu verdadeiro amor...

Láquesis, Afrodita, Xea e Helena