O deus do río, Cefiso, e a ninfa Liríope eran os pais de Narciso. Tiveron unha bonita historia de amor na que Cefiso, usou todas as armas da seducción posibles ata que ela sucumbeu aos seus encantos divinos, como para non caer na tentación divina… jeje
Liríope, nada máis nacer o neno, foi consultar un Oráculo (algo moi típico naquela época); este díxolle que a desgraza maior do seu fillo sería ver o seu rostro. A ninfa, non entendeu moi ben estas palabras pois, normalmente os Oráculos falaban dun xeito moi místico e metafórico, para facerse os importantes… ;-)
Narciso medrou san e forte, na súa casa nunca houbo espellos por orde da súa nai. Inda que él nunca se vira, tiña moi creido o fermoso que era, e en verdade que o era. Todo o mundo o alagaba constantemente, cousa a que el xa estaba acostumado. Todas as mulleres o vían como un xoguete sexual, desexábano, espertaba paixóns en homes, mulleres, deuses… Hasta as súas coidadoras de cando era pequeno o desexaban. Algunhas fontes, non moi fiables, din que aí foi onde apareceron os primeiros pensamentos pederastas.
Unha veciña de Narciso que se chamaba Aminías mandoulle unha nota. Nela, decíalle todo o que lle facía sentir e que quería que fosen amantes. Narciso, nada extrañado do que sentía por el, contestoulle enviándolle unha daga. A moza aceptou o regalo e matouse con esa daga en sacrificio aos deuses, que lle pedía que descargaran a súa ira sobre el e voutoulle unha maldición: “Oxalá no amor recibas o mesmo desdén co que ti trataches aos demáis”.
A cousa pareceu quedar aí, el seguiu como sempre, pero seguide lendo xa veredes.
Un día no bosque conoceu a Eco (a ninfa que Hera castigou a repetir so as palabras dos demáis por distraela falando mentres Zeus lle poñía os cornos, sonaravos supoño, xa vola contei na presentación de Hera). Resultáballe rara a forma de falar que tiña, a pobre ninfa so repetía as últimas palabras que el pronunciaba, como podedes imaxinar a comunicación así era imposible. Eco, namoradísima del, unha tarde
votóuselle ós brazos e el rexeitouna brutalmente. Esta sumeuse nunha pena tan grande que, o seu corpo desapareceu e só quedou o seu espírito en todos os bosques amplos.
Narciso, bebendo no río veu un xovén moi lindo na auga (era o seu reflexo). Cada vez que o tocaba desaparecía. Namorouse del e ca desesperación que lle producía que non lle prestase atención, arañábase e, fundiuse nunha forte depresión. Morreu na veira do río mirando ese rostro. Da terra que se alimentou do seu corpo naceu unha fermosa flor: os narcisos. O nome puxéronllo as ninfas que por alí andaban en honra del. Do seu nome tamén saíron os narcisistas, persoas que estan
enamoradas delas mesmas.
Sobre a morte de Narciso hai outra versión, é que Apolo enfurecido de que se crese tan guapo e de que en verdade fose máis ca el converteuno en flor, o narciso que nace na veira do río, mirándose seguido á auga.
No fondo dame lástima este mociño vaidoso… Cambiando de tema… Imaxinádesvos un fillo de Helena de Troia e Narciso?? Buaaah! Iso tiña que ser a repera!! Imaxínobo como “O David” de Miguel Anxo pero de carne e oso!!
Atenea

Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Hola Atenea, gústame moito o voso blog e tamén o xeito en que escribes as historias, estades facendo un traballo estupendo!
Ai.. pobre Narciso, sempre mirándose a si mesmo...
Alba, nunca vira (ou lera) esta lenda tan completa e ademais narrada de xeito tan estimulante. Quedóuche un traballo estupendo.
PD- Que che conste que eu sempre imaxinéi a este mozo mais "lindo" que "guapo",non sei si me explico ...prefiro imaxinarme ó David de carne e oso...;-)
OLA!!!
Gracias, moitas gracias!! Alégrome de que vos gustara, unha lenda moi fermosa e con ensinanza! ;-) Supoño que se poden sacar unhas cantas ensinanzas morais da lenda, si...
BiCoS!!