Ola outra vez!!Esta vez veño para presentarvos a Ícaro. Na mitoloxía grega era o fillo dun arquitecto chamado Dédalo, construtor do labirinto de Creta e dunha escrava. Neste labirinto foi onde meteron ó Minotauro, un monstro metade home e metade touro, que se alimentaba de homes. Este labirinto foi feito para que ninguén puidese escapar del. Dédalo só lle revelou o segredo do labirinto á filla de Minos, Ariadna, e esta axudou ó seu amante Teseo, heroe ateniense, a matar ao monstro e escapar. Moi enfadado por isto Minos encarcelou nunha torre de Creta a Dédalo e ó seu fillo Ícaro.

Dédalo, pai de Ícaro, consegue escapar da súa prisión. Non podía saír da illa na que se atopaba por mar, porque o rei tiña moi vixiados todos os veleiros e non deixaba que ninguén navegase neles ata que fosen rexistrados moi coidadosamente. Xa que o rei Minos controlaba o mar e tamén e terra, Dédalo comezou a fabricar el mesmo unhas alas para el e outras para o seu fillo Ícaro. Para facelas enlazou plumas entre sí empezando polas máis pequenas e metendo despois outras que cada vez eran máis longas, para formar unha superficie máis grande. As máis grandes asegurounas cun fío e as máis pequenas con cera, e deulle a curvatura das alas dun paxaro. Ícaro miraba ó seu pai e por veces corría para recoller as plumas que se soltaban co vento e xogaba coa cera nos seus dedos molestando ao seu pai coas súas parvadas.

Cando este por fin rematou o seu traballo bateu as súas alas e atopouse subindo e suspendido no aire. Entón equipou ó seu fillo da mesma maneira e ensinoulle como voar. Cando os dous estiveron preparados para voar, Dédalo advertiulle a Ícaro que non voase demasiado alto porque a calor do sol derretería a cera, nin voase demasiado baixo xa que a espuma do mar mollaría as alas e non podería voar. Logo disto, pai e fillo comezaron a voar.

Pasaron Samos, Delos e Lebintos, e entón o mozo comezou a ascender como si quixese chegar ó paraíso. O sol tan ardente abrandou a cera que mantiña unidas as plumas e estas despegáronse. Ícaro axitou os seus brazos sen parar, pero non quedaban suficientes plumas para sostelo no aire e caeu ao mar. O seu pai chorou moito e lamentando amargamente as súas artes, chamou á terra próxima ao lugar do mar no que o seu fillo caera Icaria na súa memoria. Dédalo chegou san e salvo a Sicilia baixo o coidado do rei Cócalo, onde construíu un templo a Apolo no que colgou as súas alas como ofrenda a deus.

Pausanias conta unha versión máis prosaica na que os dous fuxían a Creta en barco, para o cal Dédalo inventa a vela, descoñecida ata entón para os homes. Ícaro, que era un navegante torpe, naufragou fronte a costa de Samos, na que na súa beira atopou o seu corpo. Heracles deulle sepultura nesa terra que desde entón recibe o nome de Icaria.

Este mito de Ícaro leva nel temas como as relacións entre pai e fillo e o desexo do home de ir sempre máis lonxe, inda tendo o resgo de atoparse cara a cara coa súa condición sinxela de ser humano.


Helena