Publicidad:
La Coctelera

Cultura Clásica en Portas

Este é o blog dos alumnos de Cultura Clásica do C.P.I. Domingo Fontán de Portas

« Herodoto | Inicio | ELECTRA »

27 Marzo 2008

Herodoto,o razoamento científico e as viaxes

Vóume aproveitar do interesante traballo de Artemisa para desexarvos unha boa viaxe e contarvos de paso cómo o que narróu Herodoto pode interpretarse dende un punto de vista científico na actualidade:

Reinaba o faraón Necao polo 600 a d C e lles encargóu os grandes navigantes da época (os fenicios) unha viaxe circunnavegando as costas de toda Libia (así chamaban eles a África) para facerse unha idea do seu tamaño. A cousa por suposto tiña que ser de cabotaxe, ou sexa,bordeando a costa,lembrade que non tiñan outros medios,pero aínda así non deixa de ser unha empresa formidable,e mais naquela época.

Herodoto visitóu Exipto aproximadamente un século despois do viaxe e como llo contaron no-lo transmitíu nos seus libros,xunto ca sua opinión: a él lle parecía un conto,unha bonita lenda ,e nos explica por qué e teño que decirvos que xustamente aquilo que non lle parecéu verosímil a él é o que lle da moitos visos de credibilidade na actualidade e temos que agradecerlle moito,moitísimo,que aínda sin creelo deixase constancia para a posteridade.

A expedición partíu ,según Herodoto,da costa occidental do mar Bermello, doblóu o cabo de Boa Esperanza,pasóu polas costas de Guinea,doblóu as columnas de Hércules e voltóu alegremente polo Mediterráneo adiante. O caso é que os fenicios contaron que durante boa parte do traxecto o Sol lles quedaba á dereita (en lugar de á esquerda como sempre viran) e iso...iso que nunca lles pasara (e nunca se volvéu a mencionar ata as navegacións portuguesas do século XV) o que nos está dicindo e que os fenicios cruzaron o Ecuador,non hai outro xeito de ver o Sol á dereita.

Reproduzo para vos o comentario,e con todo o meu respeto ,que Herodoto ben me o merece:

" os fenicios zarparon do Mar Bermello e navegaron hacia o sur. Cando chegóu o outono fixeron un alto e sembraron no lugar de Libia (ou sexa de Africa) donde se atopaban, pois nunca perdian de vista o litoral. Unha vez ali, esperaron a colleita e voltaron a embarcarse despois de recolle-lo trigo. Pasaron dous anos e ó terceiro doblaron as Columnas de Hercules e chegaron a Exipto. Aportaron un dato ó que eu non dou crédito,ainda que outros quizáis o crean: o dar a volta a Libia (Africa), tiveron o sol a súa dereita. Asi foi coñecida Libia por primeira vez."

E o dito, lembrade cómo viaxaba esta xente coa mente aberta,pasádeo ben e disfrutade moito.

Moitos bicos!!

Hypatia de Alejandria

servido por Domingo Fontan 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Domingo Fontan

Domingo Fontan dijo

¿Que? ¿Tiñamos razón Hypatia e mais eu en estar fascinadas por Herodoto?...Como vedes, ainda que non estaba moi seguro plasmou todas as informacións que coñecía, non manipulou para que a historia se adaptase ó que el pensaba ou creía. O escepticismo é un arma do historiador, pero sobre todo o é a fiabilidade e honestidade ante as probas, restos e testemuñas que se van atopando, e se fai dende Herodoto.

Outra cousa, as viaxes serven para aprender, para divertirse e para madurar..." amoblar a cabeza"...senón que llo digan a Herodoto. Ben, vos sodes os meus Herodotos particulares, tedes que traer un ha boa crónica da viaxe e pasarlo moi ben.

Boa viaxe e boa aprendizaxe.

27 Marzo 2008 | 07:55 PM

atenea

atenea dijo

ola!

Que traballo tan bonito e interesante, Hypatia!!

Buff... Teño que recoñecer que a primeira vez que nos relatara a historia Hypatia na clase, non o entendía! Pero grazas a profe, entendoo por fin!! Costoume pero entendoo, xD

Ten mérito Herodoto,si, moito mérito! Fixo unha gran labor, el anotou todo o que se decía sin modificalo, gústaralle ou non, creerao ou non. Un mestre da historia!

Un bico!

27 Marzo 2008 | 11:35 PM

Hypatia de Alejandría

Hypatia de Alejandría dijo

¡Atopéino!
E que lembraba vagamente outro detalle que quería compartir con vos pero non me quedaba a gusto sen contrastalo primeiro.
Neste caso se trata dunha confusión simpática. No libro IV nos fala dos pobos que se atopaban mais aló do Ponto Euxino (o Mar Negro),hacia o norte (escitas,hiperbóreos,etc) e vése que as noticias ás veces son de segunda mán porque algúns vivían moi lonxe,tan lonxe como...de novo deixo que o conte él:

"Verdade é que [...] nos contan cousas que xamáis se me farán creíbles,decindo que [...] mais aló hai outros homes que durmen 6 meses enteiros coma se fose un día,cousa que de todo punto non admito".

Normal que non crea en homes que durmen 6 meses pero...a confusión ven de un conto que pasa por varias bocas e se fai unha xeralización de xeito un pouco torto...lle están a falar de xentes que viven moi ó norte,perto do Círculo Polar,ou sexa,¡¡con case 6 meses de escuridade!! ¿E qué facemos pola noite? durmir.
¿Dádevos conta da confusión? E, de novo,o seu comentario nos di que realmente tiñan tratos con xentes que vivían máis ó norte e que durante o inverno tiñan moi poucas horas de luz.

27 Marzo 2008 | 11:37 PM

Hypatia de Alejandría

Hypatia de Alejandría dijo

jajajajaja,bó cruce,Atenea ;-)
Alégrome de que che gustara,e se queres,xa o comentaremos mais con un debuxo dos meus (aínda que iso xa sabes como é...XD)

Un bico e ata mañá

27 Marzo 2008 | 11:40 PM

invernadero

invernadero dijo

Ola rapaces e profes! a verdade é que é moi interesante todo o que contades (comentarios incluidos) case non sabía nada de Herodoto agás que era considerado o primeiro historiador, claro.
O realmente fermoso disto é que coñeces a estes grandes homes dende un punto de vista moi humano e iso é fascinante.
Espero con impaciencia os seguintes artigos.
Grazas por compartir todas estas historias.
Ata mañá!

28 Marzo 2008 | 12:28 AM

Escribe tu comentario

« Herodoto | Inicio | ELECTRA »


Sobre mí

Avatar de Domingo Fontan

Cultura Clásica en Portas

Portas, Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Somos un grupo de alumnos de Cultura Clásica. O noso correo e Autores: Helena ( Yasmina Díaz Torres) Gea (Rosa Mª Ferreira González) Afrodita (Eva García Abalo) Diana (Diana Lorenzo Fontán) Artemisa (Silvia Outón Beloso) Atenea (Alba Pérez Argibay) Zeus ( Martín Romero Noya) Láquesis (Yolanda Ruibal Elías) Ulises (Cristobal Sierra Castro) .....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría
Estadisticas de visitas El Tiempo en Pontevedra - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Fotos

Domingo Fontan todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera