Publicidad:
La Coctelera

Cultura Clásica en Portas

Este é o blog dos alumnos de Cultura Clásica do C.P.I. Domingo Fontán de Portas

17 Abril 2008

ELECTRA

Despois da guerra de Troia, Agamenón, regresou a casa. A súa muller, Clitemnestra, recibiuno de mala gana pois na súa ausencia tibera un amante, Egistos. A muller e o amante organizaron unha trama para darlle morte a Agamenón e suplántalo Egisto como rei. Todo saíu a perfección. As fillas de Agamenón, Electra e Crisotemis, estaban horrorizadas e non daban crédito ó ocorrido. Tiñan sede de vinganza pero, na antiga Grecia as mulleres non tiñan o privilexio de poder vingarse, asique resignáronse a esperar ó seu irmán, Orestes, que levaba anos ausente. Pasou o tempo e a espera pronunciábase, Crisotemis aprendeu a dominar a situación e convivía no pazo co asasino do seu pai e a súa nai. Electra, pola contra, negábase a vivir baixo o mesmo teito que o asasino e aloxábase en calquera edificación fora do pazo. Alimentando día a día a súa ira.

Nun pozo das inmediacións da antiga casa do rei Agamenón, estaban cinco criadas falando da situación que vivían os amos. Catro delas ríanse de Electra e do seu airado comportamento cando a quinta criada saleu na súa defensa. Esa moza foi enviada a celadora, esta castigouna e oíronse os seus berros en toda a casa. Nunha escena aparece Electra nas portas da casa recordando con furia todo o ocorrido e invocando o esprito do pai para que lle dea forza para vingarse. Fala da profecía que di que o momento da vinganza está cerca e que ela e os seus irmáns bailarán celebrándoo.

Na seguinte escena Crisotemis confésalle a Electra que a nai e o seu novo marido argallan encerrala nunha torre. Tamén lle comenta os seus soños de futuro, os medos, as dudas… Pero entra a raiña e Crisotemis corta a conversa para non ser vista falándolle a Electra.

Máis tarde entra a raiña coa súa comitiva de criados, vestida coas súas mellores galas e adornada co maior número de xoias que lle é posible. A raiña quéixase ante os presentes da súa filla, Electra, e lánzalle unha mirada chea de odio. Entón di que quere borrar a angustia que atormenta a Electra. Esta respóndelle que so se pode borrar cun sacrificio humano, dunha muller casada morta por outro membro da súa sangue. A nai non entende o que a filla insinúa e sigue pedindo detalles. Cando menos o espera, Electra, sobresáltase e dille todo o que pensa; que quere que morra ela a mans do seu irmán Orestes, ó que non se podía nomear porque ela ordeara darlle morte. Clitemnestra, a raiña, está aterrorizada pero cambia cando recibe unha nova ao oído. Escacha en risas e sae sin dicir nada a Electra.

Crisotemis cóntalle a súa irmá o motivo da risa da nai delas. Era que toparan morto porfín a Orestes.

Electra está o bordo da loucura, todas as súas únicas esperanzas esvaécense como pozas de auga nun día de sol. Decide que non vai deixar sen vingar a morte do pai, matará ela mesma a Egistos ca mesma arma que mataron o seu adorado pai. Pídelle axuda a irmá pero esta négase e fuxe.

Estaba, Electra cavando con ansias no xardín un burato cando xega un mensaxeiro que, pide ver a raiña para comunicarlle a nova que tanto a apena a ela. Ela, chora desconsolada e o home, extrañado ante a reacción da moza, dille que Orestes vive. Logo solta esta frase cando os cans se acercan a el: “reconocenme os cans do patio pero non a miña propia irmá”. Os irmáns abrázanse con ternura e preparan o asesinato.

Óense gritos, Crisotemis e criados salén chorando a morte da nai. Logo o acto repítese pero por a morte de Egistos.

Electra entra nun estado demencial de alegría e baila aloucadamente polo patio ata que cae morta. Crisotemis, entra na sala dos asasinatos e descubre o asasino, abraiada di: “Orestes”.

Así remata a obra de teatro deste gran dramaturgo que e Sófocles. O texto non e moi fluído polo motivo de que, é o argumento dunha obra teatral donde o máis importante e a escena e a expresión dos persoaxes.

Daquí nace o complexo de Electra, como o de Edipo pero en femenino. Amor por parte das fillas aos pais e intensa rivalidade e deseo de morte da nai. Foi sacado á luz por Car J. Jung.

ATENEA

servido por Domingo Fontan 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Domingo Fontan

Domingo Fontan dijo

Ë verdade que non é moi fluido o argumento, aínda que estou convencida de que ti pensas que é menos fluido do que notamos os teus lectores, pero é moi diferente lelo que velo representado, parece ser que para nos os actores serían moi histriónicos pero na época desataban pasións, hai que ter en conta que era un pobo que estaba marcado pola "pathos" e polos designios caprichosos dos deuses.

Moi interesante e moi bó....coma sempre, non decepcionas

17 Abril 2008 | 06:25 PM

Láquesis

Láquesis dijo

Ista historia recordame lixeiramente a obra de Hamlet; un fillo/a que quere vingar a morte do seu pai...si,si!
En fin, Atenea, que como sempre moi ben, e non te preocupes que non é tan denso como ti pensas

Un saúdo!!!

17 Abril 2008 | 08:31 PM

Hypatia de Alejandría

Hypatia de Alejandría dijo

Eu tamén imaxino que pensas que é menos fluido do que che notamos na realidade e eres mais crítica contigo mesma. Ademais é certo que foi escrito para seres representado e iso cambia moitísimo a percepción porque, efectivamente, a fluidez non é a mesma.
Pensa en cando lees unha obra coas suás acotacións "entra fulano, sae mengana" etc,non é o mesmo que apreciar a acción desenvolvida.
E contáchelo moi ben, de verdade

Non vexo un pemento dende este pc,hala,boa fin de semana!

18 Abril 2008 | 12:37 PM

ATENEA

ATENEA dijo

Ola!

Gracias as tres polos bosos comentarios!! Gústame saber moito o que opinades!

O ideal sería vela representada, ten que ser moi boa. E máis se temos en conta que foi escrita tantos centos de anos atrás.

Un bico!

20 Abril 2008 | 12:23 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Domingo Fontan

Cultura Clásica en Portas

Portas, Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Somos un grupo de alumnos de Cultura Clásica. O noso correo e Autores: Helena ( Yasmina Díaz Torres) Gea (Rosa Mª Ferreira González) Afrodita (Eva García Abalo) Diana (Diana Lorenzo Fontán) Artemisa (Silvia Outón Beloso) Atenea (Alba Pérez Argibay) Zeus ( Martín Romero Noya) Láquesis (Yolanda Ruibal Elías) Ulises (Cristobal Sierra Castro) .....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría
Estadisticas de visitas El Tiempo en Pontevedra - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Fotos

Domingo Fontan todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera