DIDO E ENEAS
Dido era unha lexendaria reina de Cartago, situado na costa de África. Eneas era un príncipe troiano que logrou escapar de Troia. O seu destino estaba decidido polos deuses, a razón pola que fora un dos poucos que non morrera na guerra, tiña que fundar unha nova Troia, Roma. Esta é unha das orixes míticas de roma. Nada máis chegar, Eneas e os seus valentes homes, inspeccionaron a zona na procura de comida. O primeiro que provaron daquela terra foron uns cervos. Mentras tanto, Venus, queixábase ante Xúpiter das desventuras que sufría o seu fillo humano. As queixas tiberon éxito, Xúpiter mandou ó mensaxeiro, Mercurio, a dicirlle a Dido que tratáse ben a Eneas. Venus, para darlle como máis importancia a chegada de Eneas a cidade, envolveunos a todos nunha néboa que se disipou o estaren xusto diante da raiña, Dido. Venus, quería que o seu fillo chegase a Italia, polo que ideou un plan. Mandou ó seu outro fillo Cupido, deus do amor, que lanzase flechas de amor sobre Dido para que esta se quedase prendada de Eneas. Así, Eneas, podería descansar un tempo en Cartago, sendo tratado como un rei, e logo seguir co seu viaxe sin sentir pena por deixar a Dido alí. Mentres, no Olimpo, as deusas discutían sobre a situación de Eneas. Xuno, como deusa do matrimonio e fogar, decía que se tiñan que casar e quedar alí. Venus, como deusa do amor, defendía que tiña que disfrutar do seu romance e logo partir cara Italia. Dido adoecía de amor por Eneas, cada palabra del subiaa ó ceo. Durante a cacería, os amantes escondéronse nunha cova porque Xuno desatou unha treboada. Na cova, casáronse e Dido entregouse a el en corpo e alma. No reino todos tomaron con ledicia a nova, a parella era feliz. Pero esa felicidade non durou moito pois a nova extendeuse e chegou os reinos veciños. Iarbo, era rei dun territoria veciño, sempre sinteu amor por Dido e esta, sempre o despreciou. Presentou as súas queixas ante Xúpiter, de quen era descendente directo. Venus, aprobeitou para apoialo falsamente para lograr os seus propósitos e que Eneas partise cara o seu destino. Unha vez máis, Xúpiter, cede ante os deseos de Venus e manda a Mercurio de novo para que lle ordene a Eneas que parta cara Italia cos seus homes e o seu fillo. Eneas ó principio resístese a idea pero acabaa aceptando. Pronto empezaron a pintar naves, reparar armaduras e a pulir armas. Todo isto non pasou desapercibido ante os ollos de Dido, que vai ser de min? Vou quedar aquía soa e desamparada? Eneas díxolle que non a deixaba por falta de amor senon porque os deuses llo oredenaran e tiña que cumprir o seu destino. Dido intentouno todo, ata ameazouno con suicidarse si se atrevía a marchar. Todo foi en van, as naves zarparon. Desde as murallas polas que antes paseaba con Eneas viu como o seu amor marchaba para non volver. Non puido soportar a dor, antes de que o barco se ocultase no horizonte, fixo unha pira con madeiras grosas e queimouse nela. Eneas viu entristecido o lume físico que acavaba ca fermosa Dido. A cidade enteira xorou a morte da raiña, os sacerdotes fixeron numerosos sacrificios pola súa alma. Esa non foi a última vez que Dido viu Eneas, durante a súa baixada aos infernos, el, puido recoñecela entre as almas que por alí vagaban. Intentou explicarlle de novo que a quería pero que o fixo porque llo ordenaron os deuses. Dido, nin sequera o mirou, non lle falou, todo o amor que sentira por el convirtírase en odio. Con esta lenda, Virxilio, intenta dar explicación o inmenso odio que houbo sempre entre Roma e Cartago. O xeneral cartaxinés, Aníbal, xuroulle odio eterno os descendientes de Eneas e a toda a súa estirpe. Estivo a piques de vencer a Roma na segunda guerra Púnica. Tamén no comezo dos discursos de Catón se decía: “delenda est Carthago”, Cartago debe ser destruída. Ben, iso foi todo. Agora pensade… Que sería do mundo se Eneas desafiase os deuses e correspondera ó amor da súa vida?? Sin a influencia romana… que sería de nos?? Cambiando de tema, nunca vos fixastes que Roma si se le o revés é amor?? Que peculiar… ó mellor é porque Roma fundouse por levarlle a contraia ó amor… ATENEA 
Eneas e os seus homes, levaban sete anos a deriva polo “mare nostrum”, como lle chamaban os romanos. Isto debíase a enemistade que había entre Xuno e Venus. Cando parecía que iban chegar a Italia un golpe baixo de Eolo, incitado por Xuno, fixo que parasen en Cartago.


Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Domingo Fontan dijo
Atenea, sinto moito non poder integrar a imaxe, hoxe "A Coctelera" está moi temperamental e fai un montón de falcatruadaas con ela, xa a subirei cando as cousas estéan máis tranquilas.
O texto é moi bó,deixastes a Dido coma o que é : unha victima dos caprichos dos deuses e dos homes (Virxilio di que está no inferno por quitarse a vida, en contra dos designios dos Deuses) ¡¡ ....¡¡, en fin as mulleres na historia o quedamos de parvas, de malvadas ou de heroinas, parece que non hai termo medio.
O de Roma e Amor é un clásico, pero a tua imterpretación deume que pensar... a verdade é que hai pouco amor romántico na historia de Roma, ó mellor tes algo de razón.
20 Abril 2008 | 10:19 PM