Publicidad:
La Coctelera

Cultura Clásica en Portas

Este é o blog dos alumnos de Cultura Clásica do C.P.I. Domingo Fontán de Portas

23 Abril 2008

Demócrito de Abdera (460-370 a d C...mais ou menos...)

Abdera foi unha polis da costa tracia que sufríu moitas conquistas por parte de distintos pobos,en concreto,na época que nos atopamos, foi empregada por Xerxes como cuartel xeral antes das Termópilas.

En Atenas adoitaban dicir que o aire de Abdera provocaba estupidez e cando se facían chistes era algo así coma nos con Lepe (“sabedes aquel do tío de Abdera que...”).Sin embargo, en Abdera naceron importantes filósofos como Protágoras, Leucipo e o noso amigo de hoxe, o meu apreciado Demócrito.

Demócrito era o menor de 4 fillos e contan que o seu pai tivo que darlle hospedaxe a Xerxes e este quedóu tan impresionado pola intelixencia do rapaz que al voltar a Persia lle mandóu uns magos para que o formasen en teoloxía e astroloxía. Fose certo ou non,o caso e que era tremendamente curioso e intuitivo e cando o pai morréu e tiveron que repartir a herencia,lles pedíu ós seus irmáns lle deran só a parte que lle tocaba ó contado para poder viaxar e aprender,e que as terras as repartisen entre eles que él xa se apañaría.Din que foi un viaxeiro incansable: estudióu astronomía cos caldeos, teoloxía cos magos,xeometría cos exipcios e visitóu Etiopía e a India. Tamén estivo en Atenas e,ainda que dixo que ninguén lle recoñecera,hai quen pensa que é o “pentatleta” do que fala Platón nun dos seus diálogos (o de pentatleta viría de que lle consideraban experto en Física, Ética,Ciencias,Arte e Aritmética,e vai con choteo,o veredes mais adiante).

Cando voltóu a Abdera non lle quedaba nin un dracma,pero entre que leéu en público algúns dos seus libros,lles axudóu ós abderitanos a elaborar unha nova constitución,e que estaban os seus irmáns,o home apañóu ben.

Din de él que lle gustaba retirarse en soedade para estudiar,pero tamén din que sempre estaba disposto a rir e bromear,que era un amigo moi leal e que xamais despreciaba unha festa. Parece que nos círculos intelectuais atenienses ás veces era moi criticado polas súas gargalladas.

Con respecto ó seu pensamento,a él (e ó seu maestro Leucipo) lle debemos a primeira teoría atómica. Recolleú a idea dos 4 elementos e foi un pouco mais adiante pensando :¿e por qué catro nada mais? Parecíalle mais razoable que houbese moitos e moi pequenos para poderen combinarse mellor. Para él a realidade estaba constituida por átomos e baleiro, e os átomos (do grego “a-“ = sin, e “-tomos” = romper) serían infinitos en número, diminutos,compactos e indivisibles,que engancharían entre eles por unha especie de garfos (agora decimos “enlaces”).

Pero non quedóu ahí, tamén tiña ideas evolucionistas e creía que o home e os demais seres vivos procedían de outros anteriores que pouco a pouco iban mellorando as súas aptitudes. Seguindo este razoamento,chegaba tamén á estupenda conclusión de que a desigualdade entre amos e esclavos era antinatural ,que a natureza era a mesma para tódolos humanos e que todos participábamos da razón por igual (e que me encanta este home,non o podo remediar).

E tamén pensaba (isto e abraiante...) que “un corpo que se move continúa o seu movemento ata que algo interveña para alteralo” ¡20 séculos antes que Galileo e Newton!

Ademáis en Xeometría foi quen de calcular o volume da pirámide e do cono e o deducíu dunha maneira que anticipaba o cálculo diferencial que inventaron Newton e Leibniz ,tamén 20 séculos despois.

Según Plinio tamén se lle atribúe un método para predecir o tempo ó comenzar cada estación (ou sexa, as témporas),e podería seguir,pero tedes que rematar o curso e isto e o mais destacado.;-)

Tivo un importantísimo enemigo....Platón. Demócrito se definía como materialista e consideraba que a alma tamén estaba formada por átomos exactamente igual que todo o demáis. Opinaba que non existían os deuses e que o pensamento e as ideas proviñan tamén do movemento dos átomos. E isto a Platón non lle gustóu nada,nada. De feito chegóu a dicir que os libros de Demócrito (60 ou 70) deberían ser queimados e lle viron queimar moitos deles,así que fáltanos moito do seu pensamento.

O final da súa vida pasóuno tranquilo na casa da súa irmá e con respecto a súa morte hai varias versións.Unha di que morréu de “riso melancólico” que por mais que o busco,non consigo atopalo ainda que me ten intrigadísima ,e a mais coñecida di que él xa se sentía vello e débil e deitóuse na cama para deixarse ir tranquilamente,deixando de comer pouco a pouco. En esto que chegan as Tesmoforias (festas femininas en honor a Deméter) e él se da conta de que si morre entón, a súa irmá se queda sin festa e lle propón que lle acerque as meixelas uns panciños quentes e marche tranquila. Din que cando ela voltóu,lle preguntóu que tal as festas,lle pedíu que retirase os pans e se despediu dela...e xa está.

Hypatia de Alexandría

servido por Domingo Fontan 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Domingo Fontan

Domingo Fontan dijo

Intelixente,sonrinte, divertido e bo irmán....si que era un home único....(modo ironico of course)

Non sabía eu tanto de Demócrito pareceme incrible e edemáis a min Platón tampouco é que me encante así que me quedo con este. Góstame a anecdota a viaxe e sobre todo da morte, así da gusto.

Moii interesante, gracias hypatia

23 Abril 2008 | 09:22 PM

Hypatia de Alejandría

Hypatia de Alejandría dijo

Mira que cousas dicía:

- "Nada existe aparte de los atomos y el vacio"

E tamén :

- "Una vida sin regocijo es como un largo camino sin una posada"

- "La Felicidad o la desdicha de un hombre no dependen de la cantidad de propiedades u oro que posea. La felicidad o la desdicha se encuentran en la propia alma. Un hombre sabio se encuentra como en casa en cualquier pais. Todo el universo es el hogar de un alma noble. "

Aquí engado que Demócrito considerábase "cosmopolita", ou sexa, "cidadán do Cosmos". Ademais de frases estupendas falando do amor e da amizade.

E a mín Platón tampouco é que me encante,paréceme bó escritor pero o que lle andaba pola cabeza...

Tamén prefiro a este, ou algún amigo seu.....do que falaremos no próximo capítulo ;-)

Ata mañá

24 Abril 2008 | 12:50 AM

atenea

atenea dijo

Moi bonito, ameno e interesante coma sempre!!

PoIs eu o que sei de Platón gústame... XD

29 Abril 2008 | 11:10 PM

Hypatia de Alejandría

Hypatia de Alejandría dijo

AAh, pero e que o home escribía ben,ademáis de que xa vas vendo que normalmente hai moitos matices, non todo é branco ou negro,hai unha infinita (e interesantísima) gama de grises en todos nos ;-)
Eu podo decirche que o que leín seu gustóume tamén ,pero o que me desagrada profundamente é a intolerancia. E él neste caso maniféstouna contra alguén que tiña unha forma de interpretar a Natureza distinta da súa, tan respetable a lo menos coma a súa e a tenor do que sabemos hoxe en día, moito máis acertada que a súa, e con ese xesto privóu a moita xente de participar de esas ideas,porque séculos despois,na Idade Media,case ninguén lembraba a Demócrito.
Afortunadamente despois chegóu o Renacemento e mais cousas,e tamén Demócrito (e mais coma él,algunos non os puiden comentar, non houbo tanto tempo) "renacéu" das cinzas.

Pero me gusta moito que comentedes e opinedes,que iso tamén é parte do camiño , ademais,a diferencia de opinións é saísima XDD

30 Abril 2008 | 01:10 PM

invernadero

invernadero dijo

Hypatia, coma sempre déixasme abraiada, encantóume a historia de Demócrito, e algunhas das citas " Todo o universo é o fogar dun alma noble" Oxalá fose sinxelo sentirse así, como se calquera parte do mundo fose o teu fogar.
Creo que eu tamén me vou facer fan del.
Grazas.

6 Mayo 2008 | 01:07 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Domingo Fontan

Cultura Clásica en Portas

Portas, Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Somos un grupo de alumnos de Cultura Clásica. O noso correo e Autores: Helena ( Yasmina Díaz Torres) Gea (Rosa Mª Ferreira González) Afrodita (Eva García Abalo) Diana (Diana Lorenzo Fontán) Artemisa (Silvia Outón Beloso) Atenea (Alba Pérez Argibay) Zeus ( Martín Romero Noya) Láquesis (Yolanda Ruibal Elías) Ulises (Cristobal Sierra Castro) .....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría
Estadisticas de visitas El Tiempo en Pontevedra - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Fotos

Domingo Fontan todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera