Hipócrates de Cos (460 aC- 370 aC mais ou menos...)
A mitoloxía grega afirma que foi o centauro Quirón quen ensinóu ós homes o arte de curar males. Quirón tivo por discípulo a Esculapio, que foi divinizado, chamado médico e salvador , e que tiña por símbolo a serpe. Os antigos gregos lle dedicaron templos, ritos e cultos. Os enfermos eran levados os templos e “curados” a través de ritos máxico-relixiosos (que as veces ,de casualidade, mesmo funcionaban, porque as leis da estadística sonvos así). Có tempo, ó carón destes sacerdotes comezaron a aparecer médicos que se distinguían dos primeiros pola súa preparación específica. Para levar a cabo esta preparación xurdiron escolas moi perto dos templos de Esculapio. Para elas iban os enfermos e alí era posible ver maior número e variedade de casos patolóxicos (“pathos” significa “enfermidade”)
Os médicos das escolas pouco a pouco se foron distanciando dos sacerdotes,rompendo definitivamente os antigos lazos e permitindo que as súas experiencias fosen definindo a súa propia práctica médica. Entre as escolas mais famosas da Antigüedade estaba a escola de Cos e, na illa de Cos nacéu o que se considera “pai da mediciña”, o noso amigo de hoxe, Hipócrates.
Coma sempre, non podo contarvos moito da súa vida con seguridade,aínda que se sabe que aprendéu os coñecementos básicos da disciplina da mán do seu pai e do seu abó,que tamén perteñecían a escola. Ademáis de exercela de seu, tamén foi profesor de mediciña. Sábese que empezóu a estudiala con 13 anos e despois viaxou a Exipto (lembrade, a antiga cuna do saber) para completar a súa formación.Ademáis, a súa inquietude por coñecer fixo que tamén visitase o continente grego e costeóu a viaxe facendo de “periadeuta” (“médico viaxeiro”, ou sexa, o tío tiróu cara diante e sustentábase có que conseguía visitando enfermos). Así,non só viu mundo seno que tamén coñecéu a bastante xente interesante, entre eles a un coetáneo (exactamente coetáneo,sí!) que chegóu a ser un dos seus amigos mais queridos,ademáis de mestre : Demócrito de Abdera.(Din que incluso se carteaban pero eu non poría a mán no lume...)
Foi moi considerado ó longo da súa vida e as súas ensinazas recóllense nun conxunto de 60 ou 70 libros que recibe o bonito nome de “Corpus Hipocraticum” , aínda que mais ben se pensa que foi escrito polos seus discípulos. O Corpus ven sendo un conxunto de teorías médicas da época, coma unha enciclopedia de mediciña do momento.E tamén recolle o famoso “Xuramento hipocrático” que, lóxicamente con variacións, sabedes que se sigue empregando.
O mérito fundamental de Hipócrates foi basearse na experiencia e na observación para crear un sistema racional para o estudo das enfermidades, atribuindo as causas das mesmas a fenómenos naturais (e non a deuses ou fenómenos máxico-relixiosos).
Conste que tamén teño que diciros que as ideas de partida eran un pouco...peculiares. Para Hipócrates o corpo humano estaba constituido por 4 “humores” (refírese a fluidos) relacionados cos catro elementos :flema (auga), bilis amarela (lume), bilis negra (terra) e sangue (aire). A enfermidade, segundo él, se desenrolaba por perderse o equilibrio entre os catro humores, e o mantemento da saúde faríase a través da hixiene , dunha alimentación sá e equilibrada e coa axuda da forza curativa da Natureza. (A cousa dos humores é rariña pero ainda así vedes que o home tiña ideas na cabeza). E sempre buscaba remedios canto mais sinxelos mellor.
¿Temos anécdotas? Hmmmm, alguna sí que pode haber.
Contan que os abderitanos lle mandaron aviso moi preocupados pedíndolle que fose visitar ó seu vello amigo Demócrito, que ó parecer volvérase loco e collera un cadáver do cemiterio pola noite. Alá foi Hipócrates apurado e preocupado e atopóu a Demócrito tan alegre coma sempre mentras facía a disección do cadáver ,así que lles dixo que o único que tiña era pasión por aprender e que non había nada que curar,pero que lle alegrara moito ver de novo ó seu amigo. (Outros contan a anécdota decindo que a preocupación dos de Abdera era que Demócrito ría moito e a resposta del tamén é similar, así que escollede a que queirades).
Tamén contan que cando comezóu o conflicto do Peloponeso, os reis de Iliria (na costa adriática) lle pediron que fose pois se lles declarara unha epidemia de peste. Hipócrates negóuse porque inmediatamente deuse de conta de que, segundo a dirección do vento,a enfermidade ía chegar a atenas en cuestión de días, como de feito sucedéu. A peste en Atenas foi moi virulenta,levándose por dianta ata ó mesmo Pericles, pero puido ser moito peor se non fose por Hipócrates.
E tamén das mais coñecidas é a anécdota da curación do rey Pérdicas de Macedonia,que cando Hipócrates o visitóu estaba moi pálido e demacrado por mor dunha enfermidade presumiblemente descoñecida. Hipócrates examinóuno e falóu moito tempo con él hasta que se decatóu de que Pérdicas estaba enamoradísimo dunha das concubinas do seu pai, posiblemente o primeiro caso de enfermidade psicosomática que se coñece na historia. E se queredes saber se hai final feliz...pois sí, Hipócrates falóu có pai de Pérdicas, éste lle cedeú a moza e Pérdicas comezóu a recuperar a cor.
Din que de vello pasóu moito tempo baixo un dos árbores mais vellos de Cos impartindo as súas ensinanzas e recordando a importancia de empregar a sinxeleza e o sentido común na práctica da mediciña.
Pero non sabemos cómo morréu...e nin sequera estamos seguros de ónde foi soterrado.
Hypatia de Alejandría
Nota: O templo é o dedicado a Esculapio na illa de Cos


Autores:
Helena ( Yasmina Díaz Torres)
Gea (Rosa Mª Ferreira González)
Afrodita (Eva García Abalo)
Diana (Diana Lorenzo Fontán)
Artemisa (Silvia Outón Beloso)
Atenea (Alba Pérez Argibay)
Zeus ( Martín Romero Noya)
Láquesis (Yolanda Ruibal Elías)
Ulises (Cristobal Sierra Castro)
.....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría

Domingo Fontan dijo
Có importante que é a saúde só con eso de aplicar o sentido común á mediciña xa merecería un altar moito máis grande e estupendo que o de Cos.
Moi interesante, Hypatia, de verdade, moitas gracias por mellorar susceptibelemnte este pequeno blog.
29 Abril 2008 | 10:43 PM