Publicidad:
La Coctelera

Cultura Clásica en Portas

Este é o blog dos alumnos de Cultura Clásica do C.P.I. Domingo Fontán de Portas

4 Mayo 2008

Rómulo e Remo


Ola! So por esta vez seremos duas rapazas as que faremos o traballo unha compañeira miña, Diana e eu, Afrodita eu son Rómulo e ela Remo jeje...

Numitor era rei de Alba Longa, unha cidade de Lacio, foi destronado polo seu irmán Amulio. E este expulsouno da cidade e mandou matar os seus fillos varóns, e só quedou viva a sua filla Rea Silvia.

Como o seu tío non quería que tivera fillos, fixo que se dedicara o Culto de Vesta, así se aseguraría de que ela sería virxe, xa que estas mulleres tiñan só que dedicarse a súa casa y permanecer virxes.

Un dia que Silvia se atopaba durmindo na veira dun río, Marte poseeuna e deixouna embarazada, como consecuencia desta unión, naceron Rómulo e Remo, cando Amulio se decatou deixou que seguira con vida pero cando naceron ordenou que os meteran nunha cesta e os abandonaran no río Tíber para que chegaran o mar e morreran afogados, por sorte non foi así, non chegaron o mar se non que embarrancaron polo camiño e una loba que oeu o seus berros , (chamada Luperca ,loba capitolina) amamantounos.

Logo foron recollidos por un pastor chamado Fáustulo e foron coidados por el e a sua muller, Aca Larentia. Foron educados en Gabio, que era o centro cultural de Lacio mais tarde dedicaronse a ser bandoleiros.

Cando descubriron a sua orixe regresaron sua terra de orixe, Alba Longa; a vingarse, mataron o seu tío, Amulio e puxeron no trono o seu avó Numitor.

Rómulo e Remo decidiron fundar unha nova cidade no sitio xusto onde embarrancou a cesta, cidade a que lle chamaron Roma a maneira de elixir o nome foi a seguinte, o que mais paxaros vira seria o que lle poñería o nome, este foi Rómulo que se baseou na heroína Roma. Fixeron un suco cun arado trazando o que seria o perímetro da cidade, segundo uns mitos... Rómulo xurou matar a todos aqueles que traspasaran os limites sen permiso e un dia Remo discutindo con el borrounos se querer por iso o matou... outros din que Rómulo estaba facendo un muro e Remo para demostrar que non era o bastante forte para aguantar ataques saltouno por este feito Rómulo matouno en fin non se sabe cal é a historia exacta poro todas din que Remo foi matado polo seu irmán e este quedou el so no poder.

Para poboar a cidade aceptou nesta cidade a escravos, prófugos, libertos, refuxiados... pero esta poboación era case toda masculina e.... que faría falta para que aumentase a poboación? ¡mulleres! E para conseguilas organizou probas deportivas as que acudiron pobos veciños e nas que aproveitou para raptar as suas mulleres (rapto das Sabinas) todo acabou ben xa que estas mulleres, polos seus fillos, aceptaron como homes os romanos e Rómulo e Tito Tacio (rei Sabino) fixeron unha dinastía que so durou ata a morte de Tito. Hai moitas versións da morte de Rómulo, unha é unha tempestade provocada polo seu pai, Marte, ou asasinado por uns senadores.

Despois da morte de Rómulo houbo un ano sen rei (interregnum), logo elixiuse a Numa Pompilio, como rei, que casou con Tacia, filla do rei Tito Tacio, hai poucos datos deste rei pero... saberse que potenciou a paz entre o resto das cidades, foi o creador das principais institucións relixiosas (dise que mandou construír o templo de Jano) e foi el quen reformou o calendario e o divideu en doce meses, durante o seu reinado habia 8 clases: frautistas, orifices, carpinteiros, tintureiros, zapateiros, curtidores, broncistas e alfareros. Cada familia tiña o seu culto chamado Sacra e o dirixente do culto era o pater familias.

Os seguintes foron Tulio Hostilio (673-641 a.C) un rei moi belicoso que destruíu Alba longa e loitou contra os sabinos. Anco Marcio (641-616 a.C) dise que construíu o porto de Ostia e capturou moitas cidades latinas. Lucio Tarquino Prisco (616-578 a. C) recordado tanto polas fazañas militares coma pola construción de edificios públicos en Roma. Servio Tulio (578-534 a.C) famoso por construcións e por agrandar os limites da cidade. Lucio Tarquino (o soberbio, 534-510 a.C) foi o ultimo rei, derrotado cando o seu fillo violou a muller dun parente, Tarquino foi desterrado e etruscos e latinos intentaron restituílo no trono de Roma pero non tiveron éxito.

Pois... este é o inicio mítico da gran civilización Romana.

Afrodita e Diana

servido por Domingo Fontan 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Domingo Fontan

Domingo Fontan dijo

Bueno, chicas, bo inicio....só unha cousa, o ultimo emperador romano tamén foi Rómulo, Rómulo Auguatulo.....tamén nesto temos a historia de Roma é redonda.

A próxima vez, por separado, que Diana xa está totalmente integrada.

4 Mayo 2008 | 10:36 PM

ATENEA

ATENEA dijo

Olaaaa!

Pois si boa introducción para Diana neste blog!

Esta lenda e moi semellante a de Moisés, ao longo da historia o arte do plaxio dase moito... xD

6 Mayo 2008 | 11:52 PM

Hypatia de Alejandría

Hypatia de Alejandría dijo

Moi boa compenetración, mozas (coma se fósedes xemelgas tamén ;-) ), bó relato e ben atentas que estivestes,velaí os 7 reis sin faltar un nome.

Por certo...calquera disculpa e boa..."eu iba pola beira do río e quedéi durmida e chegóu él....(que aínda por riba era un deus)" e xa temos lenda!

Pero sí,sí,o berce flotador xa soaba ....si e que todos somos humáns e temos moito en común....

Ata mañá

7 Mayo 2008 | 12:44 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de Domingo Fontan

Cultura Clásica en Portas

Portas, Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Somos un grupo de alumnos de Cultura Clásica. O noso correo e Autores: Helena ( Yasmina Díaz Torres) Gea (Rosa Mª Ferreira González) Afrodita (Eva García Abalo) Diana (Diana Lorenzo Fontán) Artemisa (Silvia Outón Beloso) Atenea (Alba Pérez Argibay) Zeus ( Martín Romero Noya) Láquesis (Yolanda Ruibal Elías) Ulises (Cristobal Sierra Castro) .....e coa inestimable axuda de Hypatia de Alexandría
Estadisticas de visitas El Tiempo en Pontevedra - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Fotos

Domingo Fontan todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera